A parroquia salvaterrense de Pesqueiras celebra o próximo 14 de agosto, unha romería na Ermida de Monte Castelo, lugar de interese paisaxístico natural, así como unha mostra-feira con postos de alimentación, artesanía, produtos ecolóxicos, plantas e froiteiras, antigüidades, oportunidades e materiais de reciclaxe. A apertura da Feira está prevista para as 11.00 horas.
Ademais, entre 11.30 e 12.30 horas, terá lugar un obradoiro de degustación de marmeladas sen cociñar e sen azucre impartido polo nutricionista Karol. É preciso reservar praza (655 144 505)
Hora e media máis tarde (12.30 horas) comeza un obradoiro para nenos no que se elaborarán abelorios e pulseiras chic e music e xogos creativos.
Entre 14.00 e 17.00, terá lugar unha gran comida campestre. Á vez terá lugar un obradoiro-degustación, dirixido polo nutricionista-terapeuta, Karol, de curtidos caseiros, crakers sen glute e patés veganos. É preciso reservar praza (móbil 655 144 505).
Pola tarde chegará a música da man da artista Dania Diva que dará un recital titulado 'A tempo de bolero'. As actuacións complétanse co cantante arxentino, Juanjo Cura e Ariadna Santana.
DOMINGO 15
O domingo 15 se celebrá a romaría e o segundo mercadiño artesán.
A banda de gaiteiros Barca de Loimil, de Arbo, actúa nos exteriores da igrexa parroquial onde celebrarase a santa Misa ás 10.00 horas.
Unha hora máis tarde (11.00 horas) no recinto apertura dos estand do mercadiño artesán, produtos locais, alimentación saudable, cosmética, antigüidades e oportunidades.
Tamén ás 11.00 sae a procesión coa Virxe da Asunción cara á capela do Monte Castelo acompañada da banda de gaiteiros Barca de Loimil.
A mediodía, 12.00 horas, 2ª concentración de coches clásicos e de moteiros no Monte Castelo.
A santa Misa solemne na capela celebrarase ás 13.00 horas coa participación do coro parroquial. Procederase á bendición dos obxectos relixiosos e a procesión coas imaxes peregrinas e a Virxe da Asunción co acompañamento dos gaiteiros arbenses Barca de Loimil.
A sesión vermú tamén cos gaiteiros comeza ás 14.00 horas-
Media hora máis tarde, xantar popular polas ladeiras do monte. Nunha carpa venderanse polbo á feira, bebidas e café.
A Festa Romaría do serán, 17.00 horas, cos gaiteiros, pandeireteiras e grupo folclórico da Barca de Loimil e o Duo A-2.
Ás 18.30 horas, saída das procesións peregrinas e fraternal despedida da Virxe da Asunción.
Finalmente, a partir das 22.00 horas, baixada á igrexa parroquial coa procesión das velas da Virxe da Asunción.