viernes. 27.12.2024

O  proxecto Salvaterra Net-Zero: un plan de economía circular para que se converter  nun municipio neutro en carbono reverta no ben do monte e comercios de Salvaterra de Miño preséntase vindeiro xoves, 23 de marzo, ás 20.30 no salón de plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

O mercado do carbono permite a todo tipo de entidades compensar cada tonelada de CO2 que emiten, contribuíndo económicamente a proxectos forestais que absorban ese dióxido de carbono. Así, convértense en entidades net-zero ou neutras en carbono, co conseguinte impacto reputacional e resposta popular.

A premisa do Concello é aproveitar este sistema para xerar un plan de apoio recurrente á boa xestión da nosa masa forestal, ao tempo que nos posicionamos como un municipio de referencia e exemplar en materia de prácticas sostibles e negocios que vaian un paso por diante.

Hoxe, a neutralización (ou compensación) das emisións producidas por todas as actividades profesionais é unha realidade. Nunha sociedade cada vez máis comprometida co medio ambiente, e consumidores con maior esixencia de que as empresas actúen, presentarse como marca ou entidade sostible convértese en algo diferenciador. Tamén é unha estratexia para adquirir unha vantaxe competitiva, anticipándose á obriga inminente.

Con este evento queremos mostrar ás empresas, comercios, hosteleros e forestais da zona cómo participar e beneficiarse deste sistema, definir o papel do concello como facilitador, e resolver as dúbidas que poidan xurdir.

A economía circular chega a Salvaterra
Comentarios