6 de mayo de 2023, 0:38
O vindeiro mércores 17 de maio volve a tradicional Marcha Ciclista das Letras Galegas, logo duns anos mermada pola Pandemia.
17 km de percorrido para tódalas idades, onde pasaremos unha xornada matinal lúdica e deportiva, como xa era costume cada 17 de maio.
Con saída e chegada na Praza do Concello, ás 10.00 horas, e unha parada para o desexado aprovisionamento que será en Fornelos, ciclistas de tódalas idades daranlle aos pedais por diversas parroquias salvaterrenses.
Ao remate da ruta na Praza do Concello, farase un sorteo de agasallos para todos e todas @s participantes.