Non hai feridos pero hai que lamentar graves daños materiais na capela do Cristo como consecuencia do accidente que aconteceu en torno ás 10.40 desta mañá no Porriño.
O guindastre bateu contra o tellado da capela e tamén alcanzou ao edifício de Telefónica na súa cuberta como podese ver nas fotos.
Os danos na capela son moi importantes xa que afectaron á cuberta do templo. Tras unha primeira inspección constatouse que as imaxes relixiosas están indemnes.
A caída o
guindastre tamén ocasionou danos nun muro de peche do Hotel Parque.
Eva García, alcaldesa de O Porriño xunto con outros membros do goberno municipal e as forzas de seguridade (Guardia Civil e Polícia Local) Bombeiros e Protección Civil acudiu ó lugar para coñecer o alcance dos danos.
A zona está acordoada. No transcurso do día iniciaranse os traballos para retirar o artefacto.
Segundo as
primeiras pesquisas, a causa do accidente foi un fallo estructural ocasionado
nun bulón que soporta a base do guindastre. Cando aconteceu o accidente o
guindastre non tiña carga.
A
alcaldesa do Porriño nunha primeira declaración sobre os feitos sobre o
accidente indicou que “dentro do estado de alarma no que nos atopamos, ainda
hai que agradecer que tanto o parque infantil como a capela do Cristo estiveran
pechados e baleiros, de xeito que non temos que lamentar máis que danos
materiais”.