miércoles. 01.05.2024

Breogán Riobóo Lois, novo presidente da Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo

Na tarde de onte, de xeito simultáneo en Vigo, Ourense e de forma telemática, a asemblea xeral ordinaria da Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo (APIUVigo) escolleu a Breogán Riobóo Lois como novo presidente. A renuncia de Jose Iglesias Prado trala súa incorporación ó cadro de profesorado do Centro Universitario da Defensa, centro adscrito á universidade, deixara vacante a presidencia da asociación que decicíu facer coincidir a elección do novo presidente e a renovación da súa xunta directiva coa asemblea xeral ordinaria deste ano

Na tarde de onte, de xeito simultáneo en Vigo, Ourense e de forma telemática, a asemblea xeral ordinaria da Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo (APIUVigo) escolleu a Breogán Riobóo Lois como novo presidente. A renuncia de Jose Iglesias Prado trala súa incorporación ó cadro de profesorado do Centro Universitario da Defensa, centro adscrito á universidade, deixara vacante a presidencia da asociación que decicíu facer coincidir a elección do novo presidente e a renovación da súa xunta directiva coa asemblea xeral ordinaria deste ano. A xunta directiva pasa a estar composta por 9 persoas, con representación de investigadoras predoutorais, investigadoras posdoutorais e persoal de xestión.

A APIUVigo, que foi creada en abril de 2022 por 33 persoas, conta xa con case 140 socias repartidas polos tres campus da universidade. O seu novo presidente pertence á Facultade de Educación e Traballo Social do Campus Auga de Ourense, onde imparte docencia no Grao en Traballo Social mediante un contrato predoutoral FPU. Conta cunha longa traxectoria de activismo estudantil, político e sindical, ademais de ter sido o secretario da asociación ata asemblea xeral de onte. A nova xunta directiva ten sinalados na súa folla de ruta, entre outros obxectivos, conseguir:

  • O recoñecemento, de pleno dereito, do persoal técnico e de xestión na universidade.
  • O recoñecemento e abono de complementos laborais ó persoal investigador, técnico e de xestión.
  • A gratuidade da matrícula nos programas de doutoramento para todo o persoal cun contrato predoutoral, independentemente da modalidade deste.
  • A prestación dun servizo de gabinete psicopedagóxico suficiente e de calidade para todo o estudantado e persoal da universidade que o precise.

Breogán Riobóo Lois, novo presidente da Asociación de Persoal Investigador da...
Comentarios