jueves. 21.11.2024

A estreita relación entre os profesionais de cardioloxía hospitalaria e a atención primaria

A enfermidade coronaria ten que ser unha prioridade e, por iso, no 2005 a Xunta puxo en marcha o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (PROGALIAM), que é pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial.
Arteria coronaria izquierda. Anatomía normal. ADA: Arteria descendente anterior; RD: diagonal de Rama; RS: Ramas septales; ACX: Arteria circunfleja; RM: Ramas marginales o laterales.
Arteria coronaria izquierda. Anatomía normal. ADA: Arteria descendente anterior; RD: diagonal de Rama; RS: Ramas septales; ACX: Arteria circunfleja; RM: Ramas marginales o laterales.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu hoxe no acto inaugural da I Reunión CardioPrimaria, que organiza a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), subliñando o traballo dos profesionais. Segundo dixo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, esta reunión servirá para coñecer os últimos avances en termos de prevención e manexo dos pacientes, e para subliñar a estreita relación entre os profesionais de cardioloxía hospitalaria e a atención primaria.

Na súas verbas, o conselleiro remarcou o papel fundamental da e-interconsulta e, ao respecto dixo que, no pasado ano, os profesionais do Sergas realizaron preto de 33.000 de cardioloxía, todas elas procedentes de atención primaria.

Do mesmo xeito, cómpre salientar a aplicación de ferramentas como HERMES, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, así como o gran esforzo que se está a realizar na totalidade das áreas para potenciar as consultas de alta resolución, tentando resolvelas no mesmo día.

Segundo o conselleiro, quen estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, e pola presidenta da SEMG, Pilar Rodríguez Ledo, a enfermidade coronaria ten que ser unha prioridade e, por iso, no 2005 a Xunta puxo en marcha o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (PROGALIAM), que é pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial.

Este programa, -proseguiu o conselleiro-, foi precursor á hora de desenvolver unha rede capaz de identificar, dun xeito precoz, os pacientes que sofren un infarto agudo de miocardio. Na súa actualización, Caamaño dixo que foi crucial a colaboración dos profesionais de atención primaria.

Cómpre remarcar que, no ano 2014, o Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa que animaba á creación dun rexistro único de ámbito galego capaz de recoller toda a información sobre morbimortalidade no que atinxe ao infarto agudo de miocardio. O traballo do Executivo galego materializouse na Orde da que xorde o Rexistro galego de infarto agudo de miocardio (REGALIAM).

Na súa intervención, Caamaño incidiu en que, no que atinxe á saúde cardiovascular, o Sergas está a desenvolver un proceso asistencial de cara á atención ao shock cardioxénico, co obxectivo de facilitar a administración de tratamentos avanzados e mellorar a supervivencia destes pacientes.

Aposta pola tecnoloxía

O conselleiro puxo en valor que a Xunta segue a facer unha aposta decidida pola tecnoloxía máis innovadora, e conta xa cunha prestación consolidada en toda a rede do Sergas como é a telemedicina. Así, Galicia dispón da plataforma TELEA, ferramenta de teleasistencia domiciliaria para o seguimento e contacto entre pacientes crónicos e profesionais sanitarios.

A través de TELEA, iniciativa única a nivel internacional no ámbito sanitario e sociosanitario, estase a facer un seguimento de máis de 4.500 doentes, con preto de sete millóns de biomedidas rexistradas, -concluíu o conselleiro-.

A estreita relación entre os profesionais de cardioloxía hospitalaria e a atención...
Comentarios