A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.624, deles 520 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 203 da de Ourense, 333 da de Pontevedra, 805 da área de Vigo, 453 da de Santiago e 83 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 2.480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 121.012 persoas curadas, rexistrándose 2.411 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.212.746.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.740.174.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.