A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.617 deles 1.759 son da área da Coruña, 1.108 da de Lugo, 627 da de Ourense, 1.235 da de Pontevedra, 2.209 da área de Vigo, 982 da de Santiago, e 697 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 456 en unidades de hospitalización e 8.065 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 40.056 persoas curadas, rexistrándose 1.161 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 858.609.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 8.617 (466 usuarios) (226profesionais) FALECEMENTOS 1.161 (210 en residencias) (289 en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 1.179 AULAS PECHADAS 35 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.