viernes. 26.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.168 deles 481 son da área da Coruña, 336 da de Lugo, 836 da de Ourense, 270 da de Pontevedra, 804 da área de Vigo, 290 da de Santiago e 151 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 86 en unidades de hospitalización e 3.070 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 181.136 persoas curadas, rexistrándose 2.663 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.964.687.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.753.165.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 3.168 casos activos por coronavirus