viernes. 26.04.2024

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde de martes, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

Sanidade baixa de nivel os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, non quedando...