Se permitirá la solicitud del voto por correo por vía telemática a través de la página web de Correos y la posibilidad de que el elector entregue el voto en el mismo momento que recibe la documentación electoral en su domicilio.

Amplíase o prazo para depositar o voto por correo ata o 10 de xullo

A Xunta Electoral Central vén de acordar a ampliación do prazo do depósito do voto por correo para as eleccións galegas do próximo 12 de xullo. Inicialmente, o prazo para depositar o voto remataba o 8 de xullo, pero agora o límite pasará a ser o 10 de xullo, sempre antes das 14 horas.

O prazo para solicitalo en calquera oficina de Correos está xa aberto e a súa data límite mantense no 2 de xullo.

Neste sentido, cómpre recordar que, tal e como acordou a Xunta Electoral Central, o voto por correo non se poderá solicitar tan só nas oficinas, senón que Correos habilitará tamén unha vía telemática para facelo. Os usuarios que elixan esta vía para solicitalo precisarán identificarse cos certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria, ou co DNI-e. A pesar de que a Xunta o solicitara, non se aceptarán como válidos os sistemas de identificación Chave365 nin o sistema cl@ve.

Ademais, outra novidade para estas eleccións, será tamén a posibilidade de entregar o voto no mesmo momento no que se recibe a documentación no domicilio, sen necesidade de desprazarse á oficina de Correos.

RESIDENTES NO EXTERIOR

A Xunta Electoral Central tamén acordou ampliar os prazos de solicitude, envío e depósito do voto dos residentes no exterior.

Así, ampliarase o prazo de solicitude do voto dos electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e dos residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) ata o 16 de xuño. Previamente, o límite era o 13 de xuño.

Do mesmo xeito, tamén se amplía o prazo que teñen os electores inscritos no CERA para enviar por correo o seu voto aos consulados cando opten por esta opción. Inicialmente, o límite estaba fixado para o 7 de xullo, e agora pasará a ser o sábado 11 de xullo.

Os inscritos no CERA que opten por votar nos consulados tamén terán máis prazo. En concreto, ata o 12 de xullo ás 20 horas (horario peninsular). O prazo inicial que estaba fixado era entre o 8 e o 10 de xullo. Para cumprir con estas novas medidas, a Xunta Electoral Central determinou tamén que os consulados deberán abrir o sábado 11 e o domingo 12.

En canto á petición da Xunta de que se protocolizara o voto dos usuarios de residencias de maiores, persoas enfermas ou persoas en situación de illamento preventivo, a Xunta Electoral Central entende que xa se estableceron medidas de flexibilización e que non é necesario neste momento habilitar medidas adicionais.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada