viernes. 26.04.2024

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, constitúen o Posto de Mando Avanzado (PMA) na provincia co obxectivo de mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19.

Deste xeito, seguindo as instruccións da Xunta de Galicia, procédese a constitución dun PMA en cada provincia, que está composto polos dous delegados territoriais, os dous secretarios de cada Delegación así como representantes das diversas xefaturas territoriais na provincia.

As funcións deste Posto de Mando Avanzado serán centralizar peticións de concellos acerca de necesidades de material. Neste senso, os concellos tamén contan, gracias a colaboración entre Xunta e FEGAMP dun formulario na web , co obxecto de que sexa esta institución quen recopile esa información e a transmita á administración autonómica.

Ademais, o PMA tamén será un punto de información para os concellos, e permitirá recabar as funcións vinculadas coa actividade do COVID-19 que se están a realizar en cada un deles.

Estes postos de mando avanzado tamén canalizarán ao 112 as ofertas de donación de material que, no seu caso, se reciban nos PMA e se organizará a través deles a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, dacordo coas instrucións e prioridades establecidas no CECOPI.

Desde a AXEGA habilitouse unha sala de videoconferencia remota para cada PMA que se pode utilizar, a cuxos efectos se enviará o enlace e as instrucións de uso, podendo empregarse calquera outro medio que resulte mais práctico.

Constituído o Posto de Mando Avanzado da provincia de Pontevedra