viernes. 26.04.2024

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá na entrega dos premios Bacelos de Prata, outorgados pola asociación Álvaro de Casas que promociona a cultura galega.

Gonzalez aproveitou para felicitar aos galardoados desta XIII edición, que fan de “Galicia unha comunidade de calidade máis que de cantidade”, matizou José González. Nesta liña, destacou os valores e a tradición herdada de Queixería Bama e da recuperación vitícola e a posta en valor da terra galega da adega Solaina Minei. Tamén agradeceu o traballo de investigación e mellora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o mantemento das características típicas e procesos tradicionais da IXP Pan de Cea.

Neste senso, o conselleiro sinalou que non se podería falar da nosa cultura sen achegala e unila á gastronomía galega en xeral e á calidade dos nosos produtos en particular. Na gala tamén estivo o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.

Durante o acto, que tivo lugar na adega Pazo dos Ulloa, José González puxo en valor o sector agroalimentario galego, que soubo conxugar os procesos tradicionais dende unha óptica innovadora, apostando por adaptarse ás necesidades e demandas do mercado sen perder a esencia e a calidade dos produtos da nosa terra.

Neste senso, o titular de Medio Rural insistiu na necesidade de apostar polo I+D+i no medio rural, co fin de mellorar -si cabe- a calidade dos nosos produtos, máis que recoñecida xa a nivel internacional. Unha aposta precisa, engadiu o conselleiro, para poder competir nun mercado cada vez máis esixente e abrir novas fronteiras e oportunidades de negocio.

Queixería Bama, adega Solaina Minei, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e...