IESIDE presenta a masterclass «Liderar é unha A. R. T.E.
(actitude, relacións, técnica e equipo)» no seu Campus de Vigo (avda. de
Madrid, 60). Terá lugar o vindeiro xoves 30 de xaneiro, a partir das 17.00 h, e
será impartida polo business trainer Antonio Moar. Todas as prazas
dispoñibles para asistir xa foron cubertas.
Nesta masterclass de presentación do Executive MBA de IESIDE
realizarase unha reflexión sobre as catro coordenadas do
liderado: unha autoanálise sobre a actitude de cada un; a disposición das interrelacións como o núcleo do liderado; propoñerase unha
ferramenta para mellorar tecnicamente; e profundarase na construción de equipos de alto rendemento.
O responsable da sesión será o business trainer Antonio Moar.
Ocupou diversos postos directivos como director comercial de Betybyte ou
conselleiro de Haiku Media. É profesor asociado de EBS Business School e do
Instituto de Empresa. Actualmente é consultor colaborador de Itineribus
especializado nas áreas de persoas e estratexia, traballando en compañías como
Banco Santander, Iberia, Banesto, Toyota, L’ Oreal ou Abbot.