sábado. 23.11.2024

A remuda xeracional na ourivería e na acibechería compostelá

Esta actividade está dirixida a profesionais e a estudantes do ámbito da xoiería e o obxectivo é dar a coñecer as técnicas que empregaban os ourives composteláns na elaboración das súas pezas dende hai séculos, facendo fincapé nas técnicas e características máis destacadas da ourivería compostelá, no emprego de da prata, do acibeche e dos esmaltes.
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o curso ‘Técnicas de ourivería e acibechería’ que imparte o ourive Ricardo Rivas ata o 5 de abril.

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou na tarde do venres en Santiago de Compostela o curso de formación Técnicas de ourivería e acibechería, que imparte o ourive Ricardo Rivas, Premio Traxectoria 2020 nos Premios Artesanía de Galicia, co obxectivo de transmitirlle a outros profesionais do sector as técnicas tradicionais do traballo co acibeche e da ourivería compostelá.

O curso desenvólvese desde o pasado 2 de febreiro no taller de Ricardo Rivas, no barrio de Meixonfrío, os venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, ata o próximo 5 de abril. Entre o alumnado atópanse titulares de obradoiros de Artesanía de Galicia, estudantes de xoiería da EASD Mestre Mateo e novos talentos do ámbito da xoiería.

Esta actividade está dirixida a profesionais e a estudantes do ámbito da xoiería e o obxectivo é dar a coñecer as técnicas que empregaban os ourives composteláns na elaboración das súas pezas dende hai séculos, facendo fincapé nas técnicas e características máis destacadas da ourivería compostelá, no emprego de da prata, do acibeche e dos esmaltes.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto Aprender da tradición. Oficios e técnicas, un programa formativo impulsado pola Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia e iniciado o ano pasado como un incentivo que permita asegurar a remuda xeracional naqueles oficios e técnicas máis tradicionais. Precisamente unha das liñas estratéxicas da Xunta en materia de artesanía é preservar o patrimonio cultural e promover o desenvolvemento económico e a sustentabilidade de oficios, técnicas e coñecementos ancestrais transmitíndollelos ás xeracións futuras.

A finais do ano pasado, Ricardo Rivas impartiu un curso de Iniciación á talla do acibeche dirixido a profesores e ex-alumnos da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Nesta primeira parte do ano, estanse a desenvolver cursos especializados en tapicería, no tecido, na marroquinería, na patronaxe e na tornería de madeira, e continúanse a desenvolver dous cursos formativos iniciados a finais do ano pasado e especializados en xastrería e na olería tradicional de Buño.

Ao longo deste ano está previsto incrementar o número de actividades formativas especializadas en técnicas tradicionais vinculadas a diferentes oficios co obxectivo de ampliar o abano de oficios nos que asegurar a remuda xeracional.

A remuda xeracional na ourivería e na acibechería compostelá
Comentarios