viernes. 22.11.2024
47ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

O caniche xigante negro Lakeridge Trasnocho Unstoppable, vencedor

O caniche xigante negro Lakeridge Trasnocho Unstoppable, alzouse hoxe como campión da 47ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 106ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, as cales se disputaron neste recinto feiral dende primeira hora da mañá e estiveron organizadas pola Sociedade Canina Galega.
Best in Show 47ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Este exemplar, que xa onte acadou o segundo posto na 105ª Exposición Nacional Canina, é o Best in Show de ambas Exposicións de hoxe, xa que o xulgamento destas competicións é común. Pertence a Pedro Galíndez, de Málaga.

Por outra banda, a subcampeona foi a golden retriever Make a Wish de Lar de Casanova, propiedade de Bernar Carro López e Begoña Carro Varela, de Cedeira (A Coruña). O terceiro lugar foi para o shiba Zulem Ready to Dream, de Mercedes Santiago Pier, de A Coruña.

Estes exemplares foron elixidos como os mellores da Exposición nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”. Ademais, tamén se elixiu aos tres mellores nas categorías “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xóvenes”, “Veteranos”, “Razas Española”, “Parella” e “Grupo de Cría”

Nestas 106ª Exposición Nacional Canina e 47ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, que teñen como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI), participaron más de 400 cans de distintos punto de España e Portugal. Foron valorados por dez xuíces de España, Portugal, Lituania e Luxemburgo que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

O recinto, referente por cuarto ano consecutivo

Estas dúas competicións de hoxe, sumadas 105ª Exposición Nacional Canina celebrada onte no recinto, reuniron a  máis de 800 cans españois e portugueses de 150 razas.

Unha tripla cita organizada pola Sociedade Canina Galega que, por cuarto ano consecutivo, converteu ao recinto nun punto de encontro para a beleza canina tanto por representar as Exposicións a categoría máis alta dentro deste tipo de competicións como por ser a súa sede por cuarto ano consecutivo con gran éxito.

O caniche xigante negro Lakeridge Trasnocho Unstoppable, vencedor
Comentarios