viernes. 22.11.2024

O boxer dourado Ch. Deene Iris Amoris alzouse hoxe como campión da 105ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal se disputou neste recinto feiral dende primeira hora da mañá do sábado.

Este can, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence á entidade Xovenkan y Car, de Asturias. O segundo posto foi para o caniche xigante negro Lakeridge Trasnocho Unst Oppable, propiedade de Pedro Galindez, de Málaga, mentres que o terceiro acadouno o can de raza american staffordshire terrier Karballido Staffs Kathalina, de Milla Kanninen, de Mos (Pontevedra).

Estes exemplares foron elixidos como os mellores da Exposición nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Participante na 105ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA
Participantes na 105ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

Ademais, tamén se elixiu aos tres mellores nas categorías “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xóvenes”, “Veteranos”, “Razas Española”, “Parella” e “Grupo de Cría”

Neste concurso, que ten como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron cerca de 400 exemplares procedentes de distintos puntos de España e Portugal. Foron valorados por dez xuíces de España, Portugal, Lituania e Luxemburgo que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Podium da 105ª Exposición Nacional Canina
Podium da 105ª Exposición Nacional Canina

Esta cita, organizada pola Sociedade Canina Galega, é de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. Os participantes, tanto españois como portugueses, tamén optaban nesta competición a conseguir un punto para o Campionato de España, o cal foi conseguido por...

Domingo, competición nacional e internacional

Mañá disputaranse no recinto feiral a 106ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 47ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

O boxer dourado Ch. Deene Iris Amoris, de Asturias, campión
Comentarios