jueves. 21.11.2024

Un total 32 atletas galegos e galegas (17 mulleres e 14 homes)  tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Universitario de Atletismo convocado anualmente polo CSD e que este ano acollerá a cidade de León.

Os atletas procedentes das tres universidades galegas, terán como obxectivo mellorar os tres metais colleitados o ano pasado en Murcia onde a Universidade da Coruña foi a mellor das galegas logo de lograr unha medalla de ouro, seguida de Santiago cunha prata e Vigo cun bronce.

relacion masculina

Nesta edición, é Universidade de Vigo a que máis atletas presenta cun total de trece, seguida da Universidade coruñesa e santiaguesa con once e sete respectivamente.

Entre a relación de inscritos e inscritas figura a presenza da campioa de España Universitaria do ano pasado en xavelina Paula Piñón quen defenderá as cores da Universidade da Coruña. O subcampión de España nos 110 valos Santiago Rozas da (U. de Santiago) e o medallista de bronce nos 400 m. Jacobo Soler (U. de Vigo), serán outros dos atletas quenes intentarán repetir zona de podio.

Ademáis dos xa citados, especial atención aos distintos medallistas nacionais nas súas categorías que acuden a tomar parte nesta cita e entre os cales se atopan, Hugo García (USC) nos 10.000 m.;  Xiana Lago (UDV) en peso;  Diaou Diallo (UDC) en triplo; Andrea González (USC) en xavelina; Mauro Triana (UDC) nos 400 v. e Nicolás Ortega (UDV) en disco entre outros

Outras Universidades

Son varios os galegos e galegas que estarán competindo con Universidades doutras autonomías. Entre elas figura a presenza da olímpica e plusmarquista nacional no concurso de peso Belén Toimil, quen competirá ca Universiade Católica de Murcia. De igual modo a lanzadora internacional viguesa Irene Gómez intentará mellorar a súa prata do ano pasado en martelo cas cores da Complutense madrileña.

As tres Universidades galegas a polo cum laude en León
Comentarios