No día de onte a Dirección Técnica da FGA, consultadas e consultados os responsables dos distintos sectores, daba a coñecer a convocatoria da Selección Galega Absoluta que tomará parte o vindeiro día 2 de xullo no Campionato de España por Seleccións a celebrar na localidade catalana de Granollers.
A ista acuden un total de 37 atletas con presenzas moi destacadas en ambas categorías, nas que cabe citar a da olímpica campioa de España e plusmarquista nacional, Belén Toimil quen tomará parte no concurso de peso e disco.
Nesta mesma categoría, contaremos ca campioa paralímpica dos 100 m. e subcampioa dos 400 m. en Tokio-20 Adi Iglesias quen lograba no Campionato de España un extraordinario récord galego absoluto nos 200 m. e un posto de finalista na proba.
Outra das participantes destacadas -que xa lograra o triunfo ca Selección o ano pasado- será sen dúbidas a lanzadora cubana con ficha e residencia galega Yulenmis Aguilar cuxo recente lanzamento en Nerja de 64.17m. colocanna nada menos que no Top5 mundial do ano.
Na marcha, será unha baza importante a participación do bronce europeo Sub23 Antía Chamosa, así como a da campioa de España 2021 Leticia Gil na lonxitude, ou a presenza das internacionais Ester Navarrete nos 3.000, Raquel Meaños nos 800 m., Alba Cuns en triplo e Irene Gómez en martelo.
Nos homes figuran na lista dos trinta e sete seleccionados, os finalistas do último nacional absoluto de Nerja, Ignacio Fernández no concurso de martelo e a do plusmarquista galego absoluto Daniel Chamosa na proba de marcha.
O internacional e campión de España absoluto no 2013 Manuel Uriz en xavelina e os internacionais Mauro Triana nos 200 m., El Mhedi El Nabaoui nos 5.000 m. e Pedro Vázquez nos 3.000 m. así como o bronce nacional nos relevos 4x400 co Grupompleo Pamplona Jacobo Soler, serán algúns dos tamén galegos destacados.
Mención especial á convocatoria do lanzador con máis participacións da Selección Galega, o carismático Victor Gallego, quen novamente podería estar defendendo os intereses galegos no círculo de peso.