A gañadora aventaxaría en algo máis de dez minutos á campioa galega da pasada edición Verónica Calvo do Atetismo Sar quen desta vez lograba o subcampionato autonómico, pechando os postos de podio absoluto femininos Carla Trillo do Ría de Foz quen pola súa banda, tamén cambiaba a prata do 2022 polo bronce deste 2023.
Nos homes o subcampionato galego foi para o gañador da primeira edición do 2015 Amador Pena do Atletismo Compostela quen chegaba a sesenta e dous segundos do vencedor, ocupando o terceiro posto Rubén Insúa do Atletismo Sar.
No resto de categorías, as campioas e campións galegos foron os seguintes:
- Absoluta: Silvia Casal (Burgas Ourense) e Pablo Camescasse (C.D.Delikia)
- Sub23: Mencía Reboiro (SD Compostela) e Pablo Comescasse (C.D.Delikia)
- Máster35. Silvia Casal (Burgas Ourense) e Iván Sangiao (C.D. Biosbardo)
- Máster40. Amador Pena (SD Compostela)
- Máster45. Eva de la Fuente (CA Brion-Hyupersa) Oscar Guerra (Cambados S.N.)
- Máster50. Mª Aurora González (C.D. Pinarium) e Enrique Rey (C.A.Boimorto)
- Máster55. Raquel Estévez (CD Pinarium) Jose M. González (S.D.Barbaria R.)
- Máster60. Antonio Bermúdez (Noitebra)
- Máster65. Manuel Suárez (Vet.Samil)
Lembramos que desta edición sairá gran parte da Selección Galega que tomará parte no próximo Campionato de España de Seleccións que se desenvolverá na localidade navarra de Lerín o día 7 de maio e cuxa composición darase a coñecer en breve.