viernes. 22.11.2024

O ciclista porriñés Santos Lemos proclamouse recentemente campión da Copa de España de Enduro na súa categoría.

Santos, veciño da parroquia de Budiño, suma así un novo podio á súa curta pero exitosa carreira deportiva.  En tan só catro anos o porriñés ten no seu haber dous ouros e un bronce no Campionato de Galicia, dous Open de Galicia, dous ouros na Copa de España e dúas pratas e un bronce no Campionato de España.

Un palmarés que de seguro se engrosará este ano xa que lidera a clasificación do Open de Galicia e está enfocado no seu gran reto para o 2022: o Campionato de España.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu na Casa Consistorial ao ciclista porriñés. O rexedor felicitouno en nome de todo o pobo do Porriño “por levar o noso nome ao máis alto”. “Os teus éxitos sentímolos como nosos”, trasladoulle Lorenzo, “Cando alguén disfruta e sinte o que fai non hai límites, e ti eres un claro exemplo Santos”.

Santos Lemos, o ciclista porriñés cun palmarés brillante
Comentarios