15 de septiembre de 2023, 18:38
Os afeccionados do ciclismo teñen unha cita este domingo co Día do ciclismo, unha marcha ciclista de carácter non competitivo na que caben todas as persoas afeccionadas á bicicleta.
A ruta, organizada pola concellería de Deportes coa colaboración de Avanza Escola de Ciclismo, Master da Louriña e Eurobanan Galicia, está enmarcada na programación das Festas do Cristo.
A saída terá lugar ás 10 h desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. É unha marcha fácil e apta para todos, totalmente gratuíta que require inscrición previa. Todos aqueles interesados/as en participar deben inscribirse cumprimentando o seguinte formulario: https://shorturl.at/dgs27