No día de xoves as pistas de atletismo do Concello de Pereiro de Aguiar, eran o escenario da presentación oficial do Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 que se desenvolverá este domingo a partir das 10:00 horas.
O acto contou ca asistencia do alcalde do Concello Luis Menor quen estivo acompañado polo vicepreseidente da FGA Eladio Gómez, o xefe de servizo de deportes da Xunta de Galicia en Ourense Manuel Pérez, así como por parte do presidente e vicepresidente do Ben Cho Shey Germán Sánchez e Sergio Vázquez.
Para Germán Sánchez, hoxe era un día moi especial. En declaracións, o carismático adestrador e fundador do Ben Cho Shey apuntaba que “ A organización deste campionato é algo moi importante para todos os que formamamos parte deste club xa que vai supoñer a primeira vez en 33 anos de vida como entidade, que o fagamos ” de igual modo mostrábase satisfeito co traballo que desde a entidade que preside se está facendo na promoción do atletismo “ Moitas nenas e nenos estarán tomando parte aquí este domingo ao igual que tamén estará Naroa Pereira en representación do noso club no nacional Sub16 de Alacante”
Gran campionato
O campionato, que se pretende plantexar como unha gran festa do atletismo base, contará ca participación de máis de seiscentos nenos e nenas quenes acudirán en representación de corenta e tres clubs e entidades deportivas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.
O obxectivo desta cita, será o disfrutar dunha edición deportiva e formativa na que a educación en valores a través da mesma, sexa a mellor das medallas posibles.
A cita dará comezo o domingo ás 10.00 horas nas pistas de atletismo Josefina Salgado, tendo previsto que remate en torno as 14:00 horas.