viernes. 22.11.2024

O corredor do Club Ciclista Ponteareas e integrante da selección de Galicia, Miguel Rodríguez Novoa, logrou proclamarse campión de España na categoría júnior masculina, con 14 segundos de marxe sobre o seu perseguidor tras un intenso duelo. Na categoría Máster50 feminina, Isabel Castro tamén obtivo o ouro, tras liderar a proba en solitario e chegar a meta con máis de seis minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada.

A ponteareá Uxía Soto logrou a medalla de bronce na categoría cadete feminina, na que tamén participou Vania Gregores, ambas como integrantes da Selección de Galicia. Na categoría cadete masculina participou Xano Gil, do Club Ciclista Ponteareas.

Miguel Rodríguez.

Miguel Bouzó sinalou o “orgullo que supón para Ponteareas que o nome da nosa localidade estea vinculado ao longo dos anos a tantos éxitos deportivos, continuando unha tradición que nos mantén como un referente no ciclismo e no conxunto do ámbito deportivo”.

Isabel Castro.

Asi mesmo, Bouzó lembrou que este domingo, Ponteareas volverá estar representada no Campionato de España a través de Borja Gómez, que disputará a categoría sub23 masculina. “A súa participación neste campionato xa é un éxito polo que supón para romper barreiras e facer visibles no deporte ás persoas con capacidades diferentes”, indicou.

CONCELLEIRO

O concelleiro de deportes en funcións do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de trasladarlle os parabéns do goberno local ás e aos ciclistas ponteareáns que na tarde deste venres disputaron con grandes resultados o Campionato de España de Ciclocrós en Torrelavega.

Os ciclistas poteareáns Miguel Rodríguez Novoa e Isabel Castro recibiron cadanseu ouro...