viernes. 22.11.2024

A próxima semana Galicia acollerá un evento deportivo de primeiro nivel e o primeiro do ano de impacto internacional, a volta ciclista O Gran Camiño. O Porriño, concello cunha enorme tradición ciclista, foi o elexido para dar a saída desta carreira que percorrerá as catro provincias galega atravesando distintos tramos de rutas xacobeas. 

Esta mañá realizouse un traxecto de parte da primeira etapa desta volta ciclista a Galicia. Na saída desde o Concello o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu aos ciclistas: o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz e ciclistas como Ezequiel Mosquera, Samuel Blanco, Álvaro Pino, Carla Fernández, Miguel Rodríguez, José González ou Rafa Sáez.

O rexedor reiterou a súa satisfacción por “destacar o Porriño como saída deste evento que atraerá a moitos turistas e visitantes ao noso municipio, ademais de proxectar todo o que somos e o que temos que ofrecer”.

O Gran Camiño será unha importante plataforma para amosar O Porriño a nivel internacional. Percorrerá todas as provincias galegas atravesando parte do Camiño Portugués o xoves na etapa entre O Porriño e Vigo; do Camiño de Fisterra e Muxía o venres no percorrido entre Bertamiráns, en Ames, e o mirador do Ézaro, en Dumbría; paisaxes da Vía da Prata o sábado no tramo entre as localidades ourensáns de Maceda e LUíntra; mentres que o Camiño Francés estará presente o domingo na última xornada coa contrarreloxo en Sarria.

O Gran Camiño dará a saída no Porriño