viernes. 22.11.2024

O Porriño mergullouse xa no seu mes das Festas do Cristo e ao seu abeiro regresan os eventos que non poden faltar, como a clásica “La Nocturna”.

A proba ciclista, organizada polo Club Master Louriña en colaboración co Concello do Porriño, é o único evento do calendario nacional que abrangue todas as categorías, dende a de promesas ata a categoría élite.

Este ano inclúense dúas mangas moi especiais: o ciclismo adaptado e o ciclismo inclusivo, coas que ademais de engadir unha proba ao seu calendario pretendemos enviar unha mensaxe de respecto e inclusión”, explicou o presidente do Master Louriña, Juan Álvarez.

A proba disputarase mañá venres 9 de setembro e dará comezo ás 17 h, unha hora antes do habitual. O percorrido será como sempre urbano, algo que supón un gran atractivo para participantes e público.

“Hai cousas que non poden faltar nunhas Festas do Cristo e a Nocturna é unha delas”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Unha vez máis, moitas grazas ao Master da Louriña e estou seguro de que será todo un éxito novamente, proba diso son os máis de 300 inscritos que temos xa”.  

Máis de 300 ciclistas na Clásica 'Nocturna'
Comentarios