Continúa a celebración de campionatos de Galicia esta fin de semana e faino nas modalidade de lanzamentos, fondo e campo a través.
As pistas de Balaidos serán as que centren parte destes importantes eventos que contarán ca presenza dos mellores especialistas do momento.
Para comezar poderemos disfrutar do Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos Sub20, Sub18 e Sub16 no que preto dun cento de atletas están chamados a tomar parte.
Entre a relación de inscritos e inscritas estarán no céspede de Balaidos o internacional do Atletismo Sada Nicolás Ortega tomando parte no concurso de lanzamento de disco ao igual que a tamén internacional Blanca Pereira do Ourense Atletismo en martelo e disco, ambos na categoría Sub20.
Tamén contaremos ca participación dos campións galegos de pista cuberta Sub18 Gema Dacosta do Vila de Cangas concursando en disco e Brais Díaz do Maderas Barcia Lourenzá en xavelina, malia que serán Enzo Moure da Atlética Barbanza e Erika Fernández do Atletismo Narón quenes partan como favoritos nas citadas probas
O campión galego de combinadas indoor Su16 Nuno Castro do Millaraio estará tomando parte nas probas de xavelina e de disco proba esta última na que o campión galego de aire libre Sergio Fernández do ADAS CUPA acredita a mellor marca dos participantes.
Sobre o martelo veremos as progresións da plusmarquista de España de categorías inferiores, Marta Hermida do Celta, ao igual que na xavelina estará tomando parte a campia galega de aire libre Antía Otero do Atletismo Narón
Temén estaremos moi pendentes das evolución de Diego Martínez e Ignacio Sposito en disco Sub18; Franscisco del Alcazar en marterlo Sub16; Alfonso Lobella e Ignacio Saavedra en martelo Sub18 e Sub20; Eva Santos en martelo Sub20 e Lara Liste e Laura Rico na Sub16 e Sub18 de xavelina todos eles medallistas dos pasados campionatos de Galicia de Aitre libre.
Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. e de 5.000 m.
Por outra banda tamén poderemos ver o desenvolvemento do Campionato Xunta de Galicia dos 10.000 m. para as categorías Absolutas, Sub23 e máster así como a dos e 5.000 m. para as Sub18 e Sub20.
Entre a relación de inscritas figura a presenza de dúas das grandes referentes do Comesaña, a internacional Sandra Mosquera e a tamén internacional, e unha das nosas máis importantes atletas máster, Soledad Castro as cales tomarán parte na proba dos 10.000 m.
Na categoría Sub23 masculina interesante man a man entre os atletas do Real Club Celta Hugo García, campión galego Sub20 dos 3.000 do ano pasado e Hugo Suárez, campión autonómico de campo a través Sub23 desta edición.
O tamén campión galego dos 3.000 m. Sub18 Victor Ramos do Triki Team aspira ao título nos 5.000 m. ai igual que Ainoa Gontán do S.D. Compostela quen xa lograra este ano o subcampionato galego de campo a través Sub20.
Campionato de Galicia XOGADE de Campo a través
Noutro orde de cousas mañán sábado terá lugar en A Pobra o Campionato Xunta de Galicia XOGADE de campo a través para atletas en idade escolar
Acuden a esta cita os dous primeiros equipos clasificados da fase provincial así como os dez primeiros atletas individuais que estarán competindo sobre o circuito da Praia de Cabio a partir das 10.45 horas.