jueves. 21.11.2024

José Manuel Ruíz, novo delegado da FGA en Santiago

Este coñecido empresario compostelá vinculado a varias empresas tecnolóxicas de recoñecido prestixio nacional e internacional, chegou a compitir en División de Honra na década dos 80 e 90 defendendo ás cores do Universitario de Santiago USC (anteriormente chamado CUA) na especialidade de triplo salto. Con posterioridade na categoría máster, continuaría compitindo ca entidade universitaria ata o ano 2017, momento no cal daba inicio a unha nova andaina ca entidade dirixida por Alfonso López Menduiña do Clube Atletismo Santiago .
José Manuel Ruíz.
José Manuel Ruíz.

Comezan a producirse os primeiros movementos de Iván Sanmartín ao fronte da Federación Galega de Atletismo. No día de onte, José Manuel Ruíz Pérez (16/07/1971, Santiago de Compostela) foi nomeado novo Delegado da Federación Galega de Atletismo na capital galega e área de influencia.

MARCADO PERFIL DE XESTOR 

Este coñecido empresario compostelá vinculado a varias empresas tecnolóxicas de recoñecido prestixio nacional e internacional, chegou a compitir en División de Honra na década dos 80 e 90 defendendo ás cores do Universitario de Santiago USC (anteriormente chamado CUA) na especialidade de triplo salto. Con posterioridade na categoría máster, continuaría compitindo ca entidade universitaria ata o ano 2017, momento no cal daba inicio a unha nova andaina ca entidade dirixida por Alfonso López Menduiña do Clube Atletismo Santiago .

Apaixonado do deporte, considérase un defensor do atletismo como importante ferramenta compititiva e formativa en todas as súas etapas, do que salienta a súa gran capacidade para forxar futuros grandes deportistas, estudantes e profesionais.

RELEVO AGARDADO

Con este nomeamento, o novo delegado toma o relevo do actual presidente Iván Sanmartín cuxos novos cometidos imposibilitan compaxinar as distinas tarefas que viña desenvolvendo nos ultimos doce anos ao fronte da delegación santiaguesa.

José Manuel Ruíz, novo delegado da FGA en Santiago
Comentarios