lunes. 29.04.2024

Un total de 34 galegas e galegos (18 mulleres e 16 homes) tomarán parte nos Campionatos de Europa Máster que dan comezo o xoves día 21 na localidade italiana de Pescara.

Europeo Máster Hommes.
Europeo Máster Hommes.

Esta cita, que xuntará aos mellores atletas máster do continente, estará disputándose ata o vindeiro día 1 de outubro e nela a nosa comunidade acude cun destacado número de representantesque tan só superada polas Comundades de por Madrid con 72 inscritos, Cataluña con 60, e Andalucía con 50 inscritos.

Entre a relación destacada de atletas participantes figura a presenza do dobre subcampión mundial na pasada edición de Torun (Polonia) de Pablo Fervenza do Samertolameu quen tomará parte nos 10 Km ruta e na media maratón.

Europeo Máster Mulleres.
Europeo Máster Mulleres.

Esther Pedrosa, quen tamén lograba nada menos que catro medallas en Torun, estará novamente na procura de ampliar o seu impresionante palmarés nas probas de 800, 1.500 e 5.000 m.

De igual modo, o vixente campión mundial de marcha nas modalidades de 10 Km. e subcampión nos 3.000 marcha, Juan Manuel Morales do Marineda, loitará por engadir o seu enésimo título internacional sobre as distancias dos 10 K. e 5.000 m.

Na relación destacada de participantes, tamén contaremos cun importantísimo número de campións de España e medallistas, tanto nacionais como internacionais nos últimos anos, quenes estarán na disputa directa polos metais.

A flota máster galega pon rumbo ao Campionato de Europa
Comentarios