jueves. 21.11.2024

Excelente papel dos lanzadores de O Barbanza Sub18 Enzo Moure en xavelina e a atleta Lara Iglesias

No Campionato de Galicia de lanzamentos longos para as categorías Sub16, Sub18 e Sub20 se presenciaron un bo número de excelentes rexistros. Entre os mesmos cabe salientar as actuacións protagonizadas polos lanzadores de O Barbanza Sub18 Enzo Moure en xavelina con 54.10 m. e os excelentes 47,38 m. da atleta Lara Iglesias quen sobre a mesma proba quedaba moi preta do récord galego da categoría. No círculo de martelo, tamén bos resultados tanto de Xaido Nimo do Celta con 44.56 m. na categoría masculina como os 50.37 m. e de Aixa Corbacho do Rías Baizas na femenina.
Podio de lanzamentos.
Podio de lanzamentos.

As pistas de  Balaidos deron acollida esta fin de semana da disputa de dous interesantes campionatos de Galicia.

O primeiro deles foi o que disputaron os atletas que acudiron a tomar parte no Campionato de Galicia de 5.000 e 10.000 m. que daba comezo a primeira hora da mañán. No mesmo resultaron gañadoras na categoría absoluta feminina a internacional Sandra Mosquera do Comesaña  con 38:38.36 e o atleta do Real Club Celta Hugo García na categoría masculina quen invertiu un crono de 31:38.12. Xunto aos gañadores estiveron na zona de podio Branca Fernández do San Miguel de Marín e Sofía Freaza do Conmesaña así como Alexandre Álvarez do Atletismo Narón e Victor Alonso do Vicky Foods

No tocante á proba dos 5.000 m. resultaron gañadaras e gañadores autonómicos Sub20 os atletas Ainhoa Gontán do S.D. Compostela con 19:17.83 e Victor Ramos do Triki Team con 15:59.26 ao igual que os atletas do Atletismo Narón Andrea Díaz con 19:35.12 e Manule Campello con 17:22.95 na Sub18

No resto de categorías

  • Máster35. Clata Millares (El Canario) e Antonio Teijido (Ría de Foz)
  • Máster40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Esteban Díaz (At.Narón)
  • Máster45. Daniel Barguiela (ADAS CUPA)
  • Máster50. Manuel Fernández (Vet. Samil)
  • Máster55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Cándido Acuña (Comesaña S.C.)
  • Máster60. Saturnino González (Ourense At.)
  • Máster70. Roberto Rey (Vet.Samil)
  • Máster75. Manuel Millara (Comesaña S.C.)

Paralelamente á disputa deste campionato, disputouse o Campionato de Galicia de lanzamentos longos para as categorías Sub16, Sub18 e Sub20 no que se presenciaron un bo número de excelentes rexistros. Entre os mesmos cabe salientar as actuacións protagonizadas polos lanzadores de O Barbanza Sub18 Enzo Moure en xavelina con 54.10 m. e os excelentes 47,38 m. da atleta Lara Iglesias quen sobre a mesma proba quedaba moi preta do récord galego da categoría. No círculo de martelo, tamén bos resultados tanto de Xaido Nimo do Celta con 44.56 m. na categoría masculina como os 50.37 m. e de Aixa Corbacho do Rías Baizas na femenina.

Os Sub20 tiveron en Blanca Pereira do Ourense Atletismo a súa atleta máis en forma logrando impoñerse no martelo con 55.66 m. e no disco con 32.96 m. Sobre esta última proba  Nicolás Ortega do Atletismo Sada facíase co campionato de Galicia cun mellor lanzamento de 46.96 m.

Xa por último bo campionato dos lanzadores Sub16 cun Hugo Casañas do Rías Baixas progresando en cada competición e lanzando o disco ata uns excelentes 55.92 m.  No martelo Francisco de Borja  do Celta lograba a medalla de ouro con 48.84 m. polos 47.12 do atleta da Gimnástica Anxo Filgueira.

Na xavelina o campión galego de combinadas baixo teito Nuno Castro do Millaraio lograba o campionato con 47.95 m. nunha edición na que tamén destacaron os 43.07 m. de Marta Hermida do A.F. Celta en martelo e os 36.05 m. de Antía Otero do Atletismo Narón en xavelina.

Excelente papel dos lanzadores de O Barbanza Sub18 Enzo Moure en xavelina e a atleta...
Comentarios