miércoles. 02.04.2025

Deputación de Pontevedra Inviste na Mellora do Campo de Fútbol da Illa de Arousa

A Deputación de Pontevedra investiu máis de 30.000 euros na mellora da iluminación do campo de fútbol Salvador Otero da Illa de Arousa, destacando o seu compromiso coas instalacións deportivas provinciais. Ademais, anunciouse un novo investimento de 105.700 euros para mellorar o peche exterior e as pérgolas do recinto, dentro do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, mostrando o apoio municipal da Deputación.

Luis López anuncia novos investimentos deportivos para A Illa de Arousa.
Luis López anuncia novos investimentos deportivos para A Illa de Arousa.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou este domingo o compromiso do organismo provincial coa mellora das instalacións deportivas da provincia durante o acto de estrea da nova iluminación do campo de fútbol Savador Otero da Illa de Arousa. Unha obra impulsada polo organismo provincial ao abeiro do primeiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que supuxo o investimento de máis de 30.000 euros. “Se esta é a provincia do deporte, é porque temos unhas instalacións deportivas do máis alto nivel. Contribuír a mantelas en perfecto estado é melloralas é un dos nosos grandes obxectivos de goberno na Deputación”, declarou o mandatario provincial antes do comezo do partido entre o club local, o Céltiga; e o Portonovo, do grupo Sur da Preferente galega.

A obra consistiu na renovación do sistema de iluminación desta instalación municipal de referencia para os equipos de fútbol do Concello. O proxecto serviu para implantar un sistema con tecnoloxía LED de última xeración e con potencia suficiente para iluminar o terreo de xogo en ausencia de luz natural. Trátase dunha intervención, financiada ao 100 % pola de Deputación, moi demandada polos usuarios, pois o sistema anterior era insuficiente e non se melloraba desde había máis de quince anos.

Ademais, o presidente Luis López aproveitou o acto para adiantar un novo investimento por parte da Deputación no Salvador Otero para este ano. A través do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que conta este ano cun orzamento de 8 millóns de euros —o dobre do ano anterior—, executarase a mellora do peche exterior e das pérgolas deste recinto deportivo. Unha obra para a que a Deputación achegará 105.700€ ao abeiro deste plan.

Unha nova mostra do municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación e que prevé este ano un investimento de case un millón de euros no Concello da Illa de Arousa a través dos plans de Cooperación: o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan Extra.

 

 

Deputación de Pontevedra Inviste na Mellora do Campo de Fútbol da Illa de Arousa
Comentarios