viernes. 22.11.2024

O ciclismo volverá ás estradas da bisbarra cunha competición como a 'Challenge Rías Baixas' que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club 'Master da Louriña'. A proba, de rango nacional, terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio, cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos hoxe.

Terá tres etapas: unha contra reloxo en Guláns de 8 kms; unha segunda etapa en liña de 81 kms con final en Mos e a etapa final de 85 kilómetros en O Porriño.

Este mediodía celebrouse na praza do Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello do Porriño, a presentación da edición deste ano nunha roda de prensa na que participaron David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño xunto cos seus homólogos dos concellos de Ponteareas e Mos xa que cada un destes concellos albergará unha etapa da “Challenge”. Á presentación tamén asistirá Gorka Gómez, deputado de Deportes, no nome da Deputación Provincial.

Juan José Alvarez Cerdeira, presidente do equipo “Master da Louriña”,  manifestou no nome do club organizador, que “agardamos chegar a unha participación de 200 corredores como ven sendo habitual” e atribuiu esta resposta a que “sabemos darlle aos ciclistas o que eles queren”. El presidente del CC Master da Louriña reivindicou que na edición de 2020 o gañador da Challenge fora Jaime Romero quen “pouco tempo despois pasou a profesional e fichou co equipo Caja Rural-Seguros RGA”.

Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega ponderou nesa liña o “excelente traballo de promoción de categorías inferiores que realizan clubs como Master da Louriña para sacar e dar a coñecer a futuros ciclistas”.

Pola súa banda Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes alabou o “enorme esforzo conxunto dos clubs e das institucións eiquí representadas por sacar adiante a organización de eventos deportivos que ademais xeran unha sinerxia económica”, manifestou o representate da Deputación.

Tamén falaron os concelleiros que representaban a Mos, José Areal, e Ponteareas, Miguel Bouzo. Ambos revalidaron o compromiso dos seus respectivos concellos con esta proba da que acollerán a primeira e segunda etapa respectivamente.

Rematou o acto de presentación, David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño que lembrou que dende o ano 1996 o concello porriñés manten un apoio permanente ao ciclismo con achegas que suman un millón de euros. E garantiu que este ano a “Challenge Rias Baixas” volverá “a dar moito espectáculo tanto na contra reloxo de Guláns como na etapa que rematará no Pazo de Mos e agardemos que na última que acolleremos no Porriño”.   

'Challenge Rías Baixas', tres etapas en Guláns, Mos e O Porriño