Catro serán os campionatos Xunta de Galicia que se disputarán esta fin de semana e que centrarán moi boa parte da axenda competitiva programada.
Campionato Xunta de Galicia Sub16
Para comezar na pista cuberta de Expourense poderemos presenciar o Campionato Xunta de Galicia Sub16 no que tomarán parte a partir das 10.50 horas do sábado, preto de 350 atletas.
Entre as atletas inscritas e inscritos figuran dous prometedores valores que lograban recentemente en A Pobra do Caramiñal o campionato de Galicia en idade escolar, Sabela Castelo do San Miguel de Marín quen tomará parte nos 3.000 m. e Alex Sierpes do Trega que sairá na proba dos 1.000 m. Outro dos atletas importantes presentes nesta cita é Hugo Casañas do Rías Baixas quen estará concursando sobre o círculo de peso.
Continuando ca relación de participantes, o actual campión galego de salto de altura Gael Couñago da Asociación Deportiva Car, intentará reeditar o seu título ao igual que Irene Serantes do Marineda Atlético na proba dos nos 300 m. e Rocío Marín do C.D. La Purísima sobre o concurso de triplo.
De igual modo estarán tamén competindo algúns dos campións e campioas galegas do ano pasado na categoría Sub14 entre os que se atopan Aaron Pérez do ADAS CUPA quen tomará parte na proba dos 60 m.; Jimena Outes do Coruña Comarca e José Arufe do Atletismo Noia nos 600 m.; Daniela Vega do Riazor Coruña e Guillermo Piñeiro da Gimnástica nos 60 valos; Carmen Martínez da E.A.Lucense nos 1.000 m.; Rebeca Fernández do C.D. La Purísima en pértega; Noa Ardao do Atletismo Narón en triplo e Martina Bernárdez do Samertolameu en peso
Campionato Xunta de Galicia dos 3.000 marcha master de pista cuberta
Xa o domingo poderemos ver o desenvolvemento de dous campionatos o primeiro dos cales dará comezo ás dez horas ca proba dos 3.000 marcha máster na que tomará parte o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda. Xunto ao coruñés estarán tomando parte o campión galego M35 da edición pasada Carlos Morales do Ourense Atletismo; Raquel Rodríguez na F40 do C.D. La Purísima e Emilia Rodríguez do C.A. Sada na F45.
Copa de Galicia de Clubs Máster
Logo da disputa do campionato de Galicia de marcha, darán comezo as distintas probas programadas para a Copa de clubs máster que se achega a súa quinta edición e na que toman parte:
- Categoría masculina: Atlética A Silva; Samertolameu, Atletismo Narón, Atletismo Sada, C.D. La Purísima, Atletismo Santiago, Marineda Atlético e Ourense atletismo
- Categoría feminina: Atlética A Silva, Samertolameu, Atletismo Narón, Atletismo Sada, C.D.La Purísima e Entrenarunning
Na categoría feminina o C.Atletismo Sada defenderá o título gañado o ano pasado, achegándose ademáis co aval da súa meritoria quinta praza lograda recentemente no Campionato de España de clubs máster de Antequera. En homes será o Atletismo Narón quen pola súa banda intentará reeditar o título do 2022.
Campionato Xunta de Galicia 5k (2022)
Deixando a pista cuberta, Santiago celebrará tanto a súa San Silvestre como o Campionato de Galicia dos 5K que se tiveran que suspender a finais do ano pasado pola alerta de temporal.
Será o sábado cando a partir das 17.30 horas de comezo este campionato de Galicia no que tomarán parte un total de 226 participantes entre os cales se atopan as gañadoras da pasada edición: Tina Fernández na F35 do Atletismo Sar; Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M60 e os atletas do Comesaña S.C. Manuel Millara na M75 e a internacional Soledad Castro na F55.