lunes. 29.04.2024

Carolina Santos e Gustavo Santiago, proclámanse campións galegos absolutos de milla en ruta.

Carolina Santos do Ría Ferrol e Gustavo Santiago do Triatlón Poio, resultaron gañadores na categoría absoluta do Campionato Xunta de Galicia de Milla en ruta disputado no día de onte no Concello de Lourenzá. Xunto aos gañadores absolutos, compartiron postos de podio Andrea Díaz do Atletismo Narón e Julia Salvado do S.D.Compostela Atletismo na categoría femenina e Anxo Lado da A.D.Olimpia e Alan Sardinero do C.D.Pinarium na masculina.
Podio Absoluto.

De igual modo tamén se celebrou o Campionato Xunta de Galicia de 1K en ruta para as categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 e a Milla Popular Lourenzá fin de etapa camiño norte.

A proba organizada polas Escolas Deportivas de Lourenzá, contou cunha ampla participación e un tempo climatolóxico desigual que malia elo, non desanimou a asistencia dun nutrido público que se xuntaría nas inmediacións do circuito.

Gañadoras e gañadores do Campionato Xunta de Galicia de Milla en ruta

  • Absoluta. Carolina Santos (Ría Ferrol) e Gustavo Santiago (Triatlon Poio)
  • Sub18. Andrea Díaz (At.Narón) e Christian Sierpes (S.A.Trega)
  • Sub20. Carolina Santos (Ríaa Ferrol)
  • Sub23. Pablo Fernández (C.A.Ribadeo)
  • Máster 35. Elena Suárez (C.A.Sada) e Adrián Vijande (Ría de Foz)
  • Máster 40. Paula Rosales (Pinarium) e Amador Pena (S.D.Compostela)
  • Máster 45. José Miguel Gómez (C.A.Pino)
  • Máster 50. Purificación Anegas (C.do Miño) e Rubén García (Maderas Barcia L.C.)
  • Máster 55. Fernando A. Ojea (Ourense Atletismo)
  • Máster 60. José M.Fernández (Verxel Nutrición)
  • Máster 65. Mª Angeles Rodríguez (A Silva) e Nemesio Gutiérrez (At.Friol)
  • Máster 70. Domingo Álvarez (Independete)
  • Máster 75. Antonio Hernández (Mochila Deporte)

Gañadoras e gañadores do Campionato Xunta de Galicia de 1K. ruta

  • Sub16. Aroa Barbeito (S.Gimnástica) e Alex Sierpes (S.A.Trega)
  • Sub14. Lidia Balseiro (Maderas Barcia L.C.) e Enrique García-García (At.Lucense)
  • Sub12. Daniela Asensio (S.A.Trega) e Sergio Silva (S.A.Trega)
  • Sub10. Nadia Conejo (S.A.Trega) e Alán de la Fuente (S.A.Trega)

Carolina Santos e Gustavo Santiago, proclámanse campións galegos absolutos de milla en...
Comentarios