Esta fin de semana Elviña viviu unha intensa actividade de campionatos autonómicos ca disputa das edicións correspondentes aos individuais e de combinadas Sub16 e Sub18 e na que se rexistraron un total e catro novos récords galegos.
O máis salientable foron os rexistros protagonizados pola atleta do Barbanza Lara Iglesias González quen no concurso de xavelina lograba xa no seu primeiro intento un rexistro de 51.15 m. Con este trallazo, a lanzadora do barbanza pulveriza o récord galego Sub18, logrando ademáis unha das mellores marcas españolas da súa categoría de sempre, accedendo a zona de top-ten no ranking mundial do presente ano
Sen abandoar os lanzamentos, novamente Hugo Casañas conseguía un excelente rexistro no concurso de disco. Sería no seu terceiro intento cando o atleta do Rías Baixas lograba unha medición de 61.90 m. que representan unha nova plusmarca galega da categoría Sub16 situándose de líder no ranking nacional. A maiores, tamén tivo tempo o pontevedrés de domiñar e liderar o ranking nacional no concurso do lanzamento do peso no que se impuxo con 16.52.
Alex Sierpes do Trega foi outra das noticias do campionato Sub16. O campión de España de pista cuberta Sub16, domiñaba claramente a proba dos 1.500 obstáculos que remataba logo de parar o reloxo nuns excelenters 4:16.37 que milloran a anterior plusmarca que el mesmo tiña.
Por último exhibición nos 600 m. do subcampeón nacional de pista cuberta de Javier Picos do Marineda quen correndo só remataba cun novo récord galego de 1:22.09 situandoo en condicións de atacar tanto o titulo nacional do vindeiro día 24 de xuño en La Nucía, como a do récord de España desta proba que está en 1:21.54.
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB 18
No resto de actuacións, destacamos no campionato Sub18 as mellores marcas do ano efectuadas na proba dos 800 m. na que podemos contemplar unha emocioante disputa protagonizada por Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e Ricardo Negrete do Ferrol Atletismo, con triunfo finalmente para o coruñés con 1:53.73 polos 1:53.91 do atleta ferrolá.
Non nos esquecemos de Amparo Corredoira da Atlética Lucense quen estabrecía un excelente crono nos 1.500 rematando a proba en 4:42.02. Nos obstáculos mellor marca galega do ano para o lucense Pepe Sánchez del Valle quen lograba un claro triunfo nos 2.000 Obstáculos con 6:07.78 ao igual que Martín Vázquez nos 110 valos con 14.76 e Leo Rodríguez do Celta nos 400 valos con 54.99
Nos concursos de saltos Unai Loureiro do Riazor Coruña marchaba ata os 6.93 m. na lonxitude malia que con 2+2 de vento. Mellor sorte tería co vento Roi Rial do Atletismo Santiago quen lograba o título autonómico con 12.60 m. no seu sexto e último intento.
Nos lanzamentos salientar tamén a marca de 53.52 m. efectuada polo lanzador do Real Club Celta Xaido Nimo no martelo e pola atleta do Rías Baixas Aixa Corbacho con 56.14
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16
Si o sábado era a gran cita do atletismo galego Sub18, o domingo eran os atletas Sub16 quenes tomaban o relevo nas pistas universitarias de Elviña.
Cunha ampla participación, daba comezo en dobre xornada esta importante cita, na que o máis destacado estivo en mans de Martiño Salgado do Celta sobre os 300 valos nos que lograba un bo rexistro de 40.67.
A carreira dos 100 m. resultaba do máis interesante pola man a man mantido entre o plusmarquista galego dos 60 m. Aaron Pérez do ADAS CUPA e o plusmarquista galego dos 300 m. do Coruña Comarca Sebastián Bascoy con triunfo final para o primeiro con 11.24. Repetiría título novamente o atleta do ADAS no triplo cun excelente salto de 12.97. Sen abandoar o foso, Pedro Reino do Mazí lograba o campionato grazas aos 6.19 efectuados no seu último intento.
Manuel Eirin do Ourense Atletismo con 48.15 facía bos os prognósticos impoñéndose na final de xavelina cun mellor lanzamento 48.15 m. ao igual que sobre o concurso de marcha facía o Diego García do Vila de Cangas con 28:28.76
Na categoría femenina foron bos os rexitros logrados nos 100 m. por Paula Conde do Atletismo Ribadeo quen saía de Elviña ca medalla de ouro e o liderato do ranking autonómico da proba grazas a eses 12.39.
Irma Veiguela do Ría Ferrol acadaba o título galego nos 600 m. con 1:35.62 ao igual que Sabela Martínez do Gimnástica nos 1.000 m. con 2:53.00 e Sabela Castelo do San Miguel de Marín nos 3.000 m. con 9:45.86.
Os valos foron domiñados por Celia Fernández do Riazor Coruña con 14.70 (+2,9) e os 300 valos pola tamén coruñesa Irene Serantes con Marineda con 46.16. Debris Paniagua de o Pino facía o propio nos 1.500 Obst. con 5:06.34.
Nos concursos, a medallista de bronce nacional en altura Iria Solera do C.D. La Purísima cumplía o papel de favorita impoñéndose na final cun salto 1.65 m. Pola súa banda Aitana Capeáns do Negreira mandaba o artefacto de peso ata os 11.76 no seu segundo intento.
Para rematar na proba de marcha, bós os 15:30.04 realizados por Alba Morales do Marineda sobre os 3.000 marcha
Campionato galego de Combinadas
No campionato Xunta de Galicia de probas combinadas, resultaron gañadores por categorías os/as seguintes atletas:
Sub16. Carla Ayegue da At. Lucense con 2.983 puntos e Nuno Castro do Millaraio con 3.830 puntos
Sub18. Matías Moldes da Gimnástica con 5.619 puntos e Marta Lázara do Atletismo Deza con 3.567 puntos