Un total de 27 atletas galegas e galegos acuden esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España Sub23 de Short Track (nova denominacion oficial da pista cuberta) que se desenvolverá en Antequera durante o sábado e domingo nun encontro que será retransmitido en streaming por LaLiga+
VARIAS BAZAS DE MEDALLA
Entre a relación de participantes destacada figura a presenza de Jorge Román Leiros sobre a proba dos 400 m. na que se achega cun crono de 48.08 que o sitúan en disposición de estar na loita directa polos metais.
No medio fondo, Hugo Vázquez do Marineda At. en excelente estado de forma, intentará mellorar os seus 3:51.78 sobre os 1.500 m. que poderían dar ao vigués a opción de estar nos postos de podio.
A representación galega máis numerosa estará sobre a proba dos 60 valos onde tomarán parte un total de seis atletas á cabeza dos cales sitúanse o internacional Hugo Vázquez do Marineda Atlético e Andrea Villaverde da Gimnástica, atleta esta última a que tamén veremos en lonxitude.
Sen abandoar a lonxitude, atención á participación de Raúl Cortizo da Gimnástica así como a dos lanzadores de peso Samuel Lema do At. Negreira e a do campión galego absoluto de pista curta Miguel Angel Granado do Real Club Celta.
Andrea Reija do Xuncas Diversia e Aitor Fernández do Super Amara e , tomarán parte sobre as combinadas co obxectivo de ir na procura de unha MMP e un acceso a postos de finalistas.
Especial atención as opcións claras de medallas das internacionais Inés Docampo do ADAS CUPA e Xiana Lago do Ría Ferrol. Na proba dos 3.000 m. a atleta barquense, e campioa de europa por equipos Sub20, parte ca terceira mellor marca das participantes con 9:36.44 polos 13.07 m. que sobre o círculo de peso acredita Xiana Lago e que a colocan ca segunda mellor marca das participantes.