domingo. 24.11.2024

Recentemente foron publicadas os nomes provisionais dos deportistas a quen este ano se lles recoñecen axudas DGAN 2022 

Na relación provisional de solicitudes admitidas, atópanse vintedúas das nosas e nosos atletas entre as cales figuran as medallistas olímpicas Adi Iglesias e Ana Peleteiro. Xunta a elas tamén se atopan os nomes de Belén Toimil, Saleta Fernández, Ester Navarrete, Adrián Ben, Daniel e Antía Chamosa, Diaou Diallo, Xiana Lago, Paula Piñón, Ainhoa Repáraz, Jorge Román Leirós, Pedro Fidaku Santos, Jacobo Soler, Uxía Sureda, Pedro Vázquez, así como a de Celso Comesaña guía de Susana Rodríguez Gacio.

Temén nesa mesma publicación figura o nome das atletas María Ezquerro, Belén García, Irene Gómez Blanca Pereira,  a quenes se lles solicita documentación pendente antes do vindiero día 2 de decembro.

O atletismo sigue a ser un dos deportes con máis axudas DGAN

Para este ano hai provisionalmente recoñecidos como deportistas con axudas DGAN preto de medio milleiro de personas pertencentes a un total de corenta e sete federacións galegas. Na relación aparece á cabeza, un ano máis, a federación de piraguismo cun total de noventa e catro axudas DGAN. Xunto a ela sitúanse taekwondo con trinta e dous, fútbol con trinta, vela con vintecatro e atletismo con vintedous.

O atletismo entre as federacións con máis axudas DGAN 2022
Comentarios