ADAS CUPA na categoría feminina e o Lucus Caixa Rural Galega na masculina, proclamáronse campións galegos por equipos de campo a través na edición disputada no día de onte no Concello de Foz.
O equipo feminino de o ADAS CUPA, que defendía título, baseou o seu triunfo no primeiro posto de Esther Rodríguez e a terceira posición de Iria Fernández quen xunto a Elena Ledo e a Martina Tasende, facían sumar ao equipo de Valdeorras un total de 15 puntos. Pola súa banda, Sara Reimundo do Ría de Foz, convertíase na mellor atleta clasificada do equipo focense ao entrar no segundo lugar e contribuir ao subcampionato absoluto do equipo anfitrión.
Xa na categoría masculina, interesante disputa a mantida polo ADAS CUPA, quen defendía título, e o Lucus Caixa Rural que ao remate, e por unha marxe de cinco puntos, proclamabase campión galego. Esteban Iglesia e Xabier Rodríguez foron os mellores por parte dos lucenses ao entrar nas dúas primeiras posicións, en tanto que Alfonso Mendoza no posto quinto, e Israel Ropero no noveno, foron os máis destacados do ADAS CUPA. O Clube Ourense Atletismo cun total de 38 puntos, compartiría postos de podio.
No resto de probas, a Atlética Lucense liderada por Sandra González e Iker Fernández, facíase cos títulos Sub18 en ambas categorías. Compartindo podio estiveron A.D Fogar e Ferrol Atletismo en homes así como Comesaña S.C. e A.Femenino Celta en mulleres.
A categoría sub16 resultou a máis numerosa en canto a participación de atletas, con triunfos claros para o conxunto do A.D. Fogar en homes e Gimnástica de Pontevedra en mulleres. Tanto carballeses como pontevedresas tiveron na man de Roque González e de Sabela Castelo aos gañadores absolutos, introducindo ademáis ambas formacións, a tres dos seus atletas entre os cinco primeiros postos da proba.
Pola súa banda o equipo masculino da Agrupación Viguesa de Atletismo e o femenino do C.D. La Purísima na categoría Sub20, así como o Atletismo Santiago en homes e Gimnástica de Pontevedra en mulleres na Sub23, lograban tamen no día de onte sendos títulos autonómicos nas súas respectivas categorías.
Campionato Galego de remudas mixtas
No tocante ao campionato Xunta de Galicia de remudas mixtas María Cedrón, Ignacio García, Inés do Campo e Sergio Alegre, daban o título ao ADAS CUPA quen consegúa revalidar o campionato do ano pasado sumando así o seu terceiro título desta modalidade (2019, 2022 e 2023). A segunda posición foi ocupada pola Gimnástica de Pontevedra quen remontando desde atrás, conseguía relegar ao Lucus Caixa Rural Galega á terceira posición do podio