11 de febrero de 2022, 18:19
A Xunta de Galicia impulsará a candidatura da padexeira galega Teresa Portela para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022.
Os de Toquio foron os seus sextos Xogos Olímpicos, converténdose na muller española con maior número de participacións olímpicas cun total de 6 e xa traballa para que en París 2024 sexan 7. O seu palmarés fala por si mesmo: 15 medallas mundiais, 17 europeas e unha prata olímpica.
Neste intre xa se atopa habilitado no portal da Xunta de Galicia un espazo para rexistrar os apoios populares á candidatura de Teresa Portela.