miércoles. 12.03.2025

A artista galega Olga Bernardo inaugurará o vindeiro 15 de febreiro a súa nova exposición de pintura titulada "Diversidades" na Casa de Cultura de Paranhos, situada en Largo do Campo Lindo, número 7, en Oporto. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 28 de febreiro.

Aínda que non amosou un gran interese polo mundo das artes ata o ano 2018, desde entón, Olga Bernardo se ten volcado por completo na pintura, participando en exposicións tanto colectivas como individuais en toda a península ibérica. A través da súa paleta, a artista conta historias cunha enorme forza expresiva, utilizando a luz e a cor como elementos principais. Nacida no corazón do Parque Natural do Xurés, Bernardo descobre día a día, a través de diferentes técnicas, o mundo artístico que xa forma parte do seu entorno vital.

As súas primeiras incursións públicas nas artes plásticas tiveron lugar no ano 2020 coa exposición virtual "Homenaxe aos falecidos por COVID 2019", seguida por "Decorarte", tamén virtual, e "Manchados de Talento", un proxecto colectivo da Cámara de Comercio de Granada.

No ano 2021, participou na exposición colectiva virtual "Miña mellor obra", así como en "As cores da primavera" e "Iguald'Arte", ambas virtuais. Tamén formou parte de "Puxedo a cotío", un certame de pintura ao aire libre en Lobios, e na Mostra colectiva Circol´Artes III, na Casa de Cultura de Melgaço, no norte de Portugal.

En 2022, integrouse en Circol´Artes, IV edición colectiva que tivo como escenario o Castelo dos Vizcondes, en Sistelo, Arcos de Valdevez. Ese mesmo ano, participou na exposición colectiva "Liñas, Cascas & Manchas" no espazo museístico Pura Santos de Entrimo, así como en "Arte Vadía", na Casa dos Poetas de Celanova; "Puxedo a Cotío", certame celebrado en Lobios, e novamente en outra edición de "Circol'Artes" en Melgaço.

Durante o ano 2023, Olga Bernardo participou en nove exposicións, entre elas "Sistelo" en Arcos de Valdevez; "Triloxía das horas extras" no Museo Pura Santos; "Abstracto e algo mais", individual na Sala dos Arcos en Celanova; "Esencia", individual, no Parque do Xurés en Lobios; "Cores sen fronteiras" no Paço do Concelho de Ponte da Barca, e participou no XXVII Certame de Pintura ao aire libre, Póvoa de Lanhoso, cuxa exposición tivo lugar no Theatro Club. Tamén estivo presente en "Puxedo a cotío" en Lobios, Vicela e Vilanova dos Infantes; "Circol'Artes 6" e "Homenaxe a Virxe do Cristal", colectiva na Torre de Vilanova dos Infantes; e na 7ª edición de Circol'Artes en Melgaço.

No que vai do ano 2024, xa participou en oito exposicións, destacando "Retrospectiva", individual no Castelo dos Vizcondes de Sistelo, Arcos de Valdevez; "Art'in Lima, Mostra Internacional de Arte en Ponte de Lima; Arcoz'Arte, Bienal de Pintura na Casa das Artes de Arcos de Valdevez; XVII Bienal de Pintura "Balconadas" en Betanzos; "100 Artistas" en Gondomar, Oporto; XXVIII Colectiva en Gondomar, Oporto; XXVIII Certame de Pintura Póvoa do Lanhoso, exposición no Theatro Club, e "Dende a Terra a Castilla" no Palacio Ducal de Medinaceli en Soria.

A exposición "Diversidades" en Oporto representa unha nova oportunidade para apreciar a obra de Olga Bernardo, unha artista galega que, a través da súa pintura, nos invita a reflexionar sobre a vida, a natureza e a cultura.

Olga Bernardo presenta 'Diversidades' na Casa de Cultura de Paranhos, Oporto
Comentarios