jueves. 13.03.2025

Con berce en Talavera de la Reina, medrou nun entorno artístico que marcou profundamente a súa vocación. O pai, dedicado á cerámica artística, transmitiulle desde pequena o amor polas artes e a creatividade, animándoa constantemente a debuxar. Axiña descubriu que todo o relacionado coas artes plásticas a fascinaba, desde participar en concursos de pintura ata experimentar con diferentes soportes como camisetas, zapatillas ou postais. Calquera oportunidade de manchar as mans con pintura era unha forma de expresión e xogo para ela.

Lucía Corrochano: Arte y Naturaleza se fusionan en los molinos gallegos.
Lucía Corrochano: Arte e Natureza fusiónanse  nos muíños gallegos.

Co tempo, o seu interese ampliouse cara a disciplinas máis estruturadas, o que a levou a estudar arquitectura, na que vía a combinación perfecta entre creatividade e técnica, unha maneira de canalizar as súas inquietudes artísticas dentro dun marco profesional. Malia que gozaba deseñando espazos e explorando a relación entre a forma e a función, nunca deixou de lado a faceta máis ilustrativa. Debuxar e pintar seguiron sendo unha necesidade constante na súa vida, o que a levou a expor obra en distintos espazos de Madrid, entre outros, Matilda Café, Dr. Limón, Sala Siroco, Verbena Bar e Aroma & Bread.

Lucía Corrochano sumouse á iniciativa de pintar os Muíños do Folón e do Picón e a integrarse nas distintas exposicións por museos e espazos de arte situados no Camiño Portugués, desde Lisboa ata a capital galega."

Lucía Corrochano pinta a historia: Arte nos muíños do Folón e do Picón
Comentarios