viernes. 22.11.2024

'Galicia futura. Todo o que imos ser'

O diálogo entre diferentes disciplinas artísticas é nexo común a varias das pezas creadas para esta exposición, como é o caso das composicións S/ T Paisaxe habitada, unha obra colectiva de tres artistas orixinarios da cidade herculina: o artista plástico Aclamación Mejuto, o fotógrafo Damián Ucieda e o realizador Juan Lesta, que mesturando as tres artes reflexionan sobre a paisaxe galega. É tamén o caso doutra das pezas audiovisuais da exposición que reúne á poeta coruñesa Estíbaliz Espiñenta e á realizadora emerxente Lucía Estévez para entrelazar a exploración do cosmos coa pintura de Maruja Mallo.

Afundación acolle na súa Sede da Coruña a mostra 'Galicia futura. Todo o que imos ser', unha proposta expositiva da Xunta de Galicia – Xacobeo 2022, a través da Cidade da Cultura, coa que colabora. A rolda de presentación tivo lugar esta mañá, ás 10.30 h, e a ela asistiron Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación; Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura; Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación e Déborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal Vera, responsables do comisariado da mostra.

A exposición ficará aberta ata o vindeiro 30 de xullo e poderase visitar, de luns a sábado, en horario de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 horas.

Esta tarde terá lugar a visita inaugural da exposición, coa asistencia do director xeral de Cultura dá Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, e a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Marité Cores, e conducida polos comisarios, os divulgadores coruñeses Deborah García Belo (@deborahciencia) e Miguel Ángel Cajigal (@ elbarroquista).

O diálogo entre diferentes disciplinas artísticas é nexo común a varias das pezas creadas para esta exposición, como é o caso das composicións S/ T Paisaxe habitada, unha obra colectiva de tres artistas orixinarios da cidade herculina: o artista plástico Aclamación Mejuto, o fotógrafo Damián Ucieda e o realizador Juan Lesta, que mesturando as tres artes reflexionan sobre a paisaxe galega. É tamén o caso doutra das pezas audiovisuais da exposición que reúne á poeta coruñesa Estíbaliz Espiñenta e á realizadora emerxente Lucía Estévez para entrelazar a exploración do cosmos coa pintura de Maruja Mallo.

Na presentación de Galicia futura, a directora xerente da Cidade da Cultura lembrou que o percorrido desta exposición por diferentes cidades galegas se enmarca nunha “ampla programación de itinerancias, recollida no II Plan Estratéxico do Gaiás, que só en 2022 está a permitirnos achegar os nosos proxectos a unha decena de vilas e cidades galegas, ademais de París e Madrid”.

Ana Isabel Vázquez agradeceu a Afundación a súa colaboración para que esta mostra poida ser visitada polo público coruñés, “toda vez que a presenza de artistas, científicos e creadores vencellados á cidade herculina é especialmente destacada en Galicia futura”. Ademais dos xa citados, referíase así á participación de nomes como Christian García Bello, as ilustradoras Xulia Pisón, Clara Cerviño e Giovanna Lopalco, ou de centros como o CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) da Universidade da Coruña, que atopamos na mostra a través da perovskiña, un novo material sólido co que se propón revolucionar o futuro da refrixeración.

COMISARIADO E COMITÉ ASESOR

Deborah García Bello (A Coruña, 1984), @deborahciencia, é química e divulgadora científica. Investiga ciencia de materiais aplicados á arte contemporánea no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, dirixe as xornadas Ciencia & Arte de Bilbao e é parte do equipo de formación e transferencia científica de L'Oréal. Traballa tamén como divulgadora en diversos programas de televisión e radio a nivel autonómico e nacional.

Miguel Ángel Cajigal Vera (A Coruña, 1981), @elbarroquista, é historiador da arte e divulgador cultural. É parte do equipo educativo da Fundación Cidade da Cultura e dirixe o Mestrado en Educación en Museos e Espazos Culturais da Universidad Miguel de Cervantes. É membro do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) e do Consello Internacional de Museos (ICOM) e colabora como divulgador con diversos medios de comunicación galegos e estatais.

O proxecto expositivo contou, ademais, cun amplo comité de colaboradores, conformado por 19 persoas entre as que se atopan algúns dos artistas e científicos con máis talento de Galicia, desde a catedrática en telecomunicación Edita de Lorenzo, a cantante e compositora Wöyza, a chef distinguida cunha Estrela Michelin Lucía Freitas, o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Carlos Salgado, ou a deseñadora Nuria Carballo, entre outros.

'Galicia futura. Todo o que imos ser'
Comentarios