13 de agosto de 2023, 18:49
Dous xurados integrados por recoñecidas e recoñecidos profesionais do mundo do cinema nacional e internacional decidirán qué curtametraxes entrarán no palmarés do FICBUEU 2023. O Festival, que con esta leva xa dezaséis edicións amosando as novas tendencias na creación cinematográfica, proxectará a partir do 8 de setembro, no Centro Social do Mar de Bueu, preto de 90 películas en formato curto dunha trintena de países dos cinco continentes.
O xurado oficial deste ano está composto pola produtora e distribuidora de cinema Silvia Lobo, de Elamedia Estudios –unha das principais compañías españolas de servizos audiovisuais, que participou en películas como La vida era eso ou Lúa Vermella, no documental Trinta Lumes ou en series como Antidisturbios ou Patria–; o tamén produtor executivo Manuel Monzón, de A Contracorriente Films, que traballou en cintas multipremiadas como La Librería, de Isabel Coixet, ou a arxentina El ciudadano ilustre; e o romanés Mihai Chirilov, cunha importante traxectoria como director artístico de distintos festivais, crítico de cinema e membro da Academia de Cine Europeo.
Lobo, Monzón e Chirilov decidirán que curtametraxes acadarán o primeiro e o segundo premios do FICBUEU, así como os galardóns para as mellores curtas galega (Premio CREA) e española. Terán que escollelas entre as 28 obras finalistas que competirán na sección oficial do certame, caracterizado pola súa decidida aposta polo cinema autoral. As películas proceden de 21 países: desde México, Costa Rica, China, Australia ou Estados Unidos ata España –con sete curtas, das que catro son producións galegas–, India, Francia, Somalia ou Islandia. Entre elas atopamos traballos que xa mereceron premios en grandes festivais como Cannes, Sundance, Venecia ou Toronto.
Premio do Público e loita contra a pobreza menstrual
As espectadores e os espectadores do FICBUEU desenvolverán de novo un papel clave. Poderán ver as curtas a concurso na sección oficial, que se proxectarán no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu entre o luns 11 e o sábado 16 de setembro, e decidirán cal de todas elas leva o seu voto, o que servirá para outorgar o Premio do Público.
O seu veredicto é tan importante para o FICBUEU que ata impulsou unha nova iniciativa dentro da campaña de recollida de alimentos que se fai durante o certame: este ano fomentaranse as doazóns de produtos de hixiene íntima feminina en resposta ao premio que a audiencia concedeu na pasada edición á curta Spotless (Vlekkeloos), coma contribución á loita contra a pobreza menstrual e as duras condicións ás que moitas mulleres se enfrontan polo simple feito de selo.
Alén da sección oficial
O segundo xurado do FICBUEU, o xurado Descubertas, valorará tres categorías: «Descubertas», «Escolas Internacionais» e «GZ_00». A primeira reunirá as pezas máis innovadoras e singulares da programación do FICBUEU.
Este ano hai seis curtas a concurso: tres documentais (a holandesa Buurman Abdi, a co-produción británica e norueguesa A history of the world according to Getty Images e a iraní Majmouan) e tres cintas de animación (están a española Bloom, a finlandesa The Transient e a húngara Resting Fog).
Pola súa banda, o apartado «Escolas Internacionais», que amosa traballos de alumnas e alumnos producidos por escolas de cine de todo o mundo, contará con catro pezas chegadas de República Checa, España, Italia e Alemaña.
Na sección «GZ_00», que aglutina o talento galego emerxente, foron seleccionadas seis finalistas: Solo, a veces. Frágil, siempre, de Nacho Ozores; O neno sardiña, de Lucía Estévez; 30’ 70 60’ 120, de Marta Valverde; Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñeiro; Malgrat, de Santiago Teijelo; e O coidado, de Miguel Canalejo.
O xurado Descubertas tamén está formado por tres profesionais de distintos campos do cinema. Dúas son mulleres: a directora viguesa Anxos Fazáns, autora de curtas como Nacer en septiembre ou Área; e a profesora, fotógrafa e investigadora Nieves Febrer. A tamén cofundadora da produtora audiovisual LaCasaDigital impartirá ademais unha clase maxistral dentro das «II Xornadas Cinematográficas» do Festival, que se desenvolverán o sábado 9 arredor do tema «Cotiandade e estética do cine sensible». Acompañará a Fazáns e Febrer neste xurado o produtor e profesor Suso López, gañador dun premio Mestre Mateo á mellor dirección de produción pola película DHOGS.
Entrega de premios e proxección do palmarés
Os nomes das gañadoras e dos gañadores das distintas categorías do FICBUEU daranse a coñecer nun acto que se celebrará o sábado 16 de setembro no Centro Social do Mar de Bueu, a partir das 23.00 horas, no que tamén se fará entrega do Premio Cinema Galego, concedido nesta edición á actriz Luisa Merelas. O palmarés do 2023 proxectarase nun pase ao día seguinte, domingo, ás 20.30 horas.