sábado. 23.11.2024

Este sábado, na 38° Gala dos Goya, Lalín estará presente grazas a TAWI momentos, unha empresa local especializada en deseño e creación de mobles para eventos. Eles son os encargadados de deseñar e crear o set de Cervexas Alhambra para a prestixiosa cerimonia destes premios do cinema español.

4

TAWI, recoñecidos polo seu compromiso coa artesanía, a sustentabilidade e o seu inconfundible carácter atlántico, incorporou elementos auténticos do antigo Cinema Balado de Lalín no seu deseño deste set para a gala. Butacas e bobinas de películas foron coidadosamente integradas, achegando un toque de nostalxia e autenticidade a este evento de renome internacional.

A 38.º Gala dos Goya promete ser un espectáculo inesquecible, onde a maxia do cinema español se fusionará coa creatividade e a historia de Lalín a través do traballo de TAWI momentos.

Unha empresa lalinense deseña e crea un set para a 38° Gala dos Goya
Comentarios