jueves. 21.11.2024

Afundación presenta en rolda de prensa a terceira edición da «Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)», denomiada «CROMÁTICA». A mostra recolle o traballo de 19 artistas recoñecidos nacional e internacionalmente como Agathe Storlet —máis de 700.000 seguidores en Instagram—, Coco Davez —incluída en 2019 na lista Under 30 de artistas máis influentes menores de 30 anos da revista internacional Forbes—, ou Conrad Roset —creador do multipremiado videoxogo español GRIS—.

A presentación a medios será mañá, xoves 22 de outubro ás 10.30 h, na Sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) e contará coa presenza de Matilde Rodríguez, comisaria da mostra. O seu horario habitual de apertura será de luns venres de 17.00 a 21.00 h e os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.

A «Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Cromática» ofrece unha escolma de pezas que teñen como alicerce da súa creación a ilustración e elaboradas con moi diferentes técnicas, desde videoxogo, guache, colaxe e cerámica, ata a animación. Non obstante, o denominador común entre todas elas é a fragmentación aplicada ao cromatismo consonte os múltiples significados que, atendendo a conceptos culturais, estéticos ou emocionais, se pretende transmitir. Así, o concepto da cor nesta mostra evoca diferentes latitudes, culturas e etnias. Devén, por tanto, nun medio para reflexionar sobre a colectividade, mais con identidade propia, mediante escenas oníricas, abstractas ou de retrato.

Esta terceira edición conta cunha destacada presenza de autoría feminina e consolida a firme vocación internacional e de uso de novas tecnoloxías que se perfilaba nas edicións precedentes.

'CROMÁTICA. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea'