viernes. 18.10.2024

O artista madereiro cangués Agustín Bastón inaugura por noveno ano consecutivo a exposición de libros tallados en madeira aserradoiro de Cangas. Máis de douscentos exemplares, de formatos moi diferentes e con historias diversas.

Bastón da forma as diferentes pezas de madeira que logo entrega a amigos e coñecidos creadores para que graben textos, poemas ou debuxos que consideren oportunos. Vigueses, cangueses, moañeses, alemans, portugueses, entre outros, participan no proxecto que chega a IX edición Biblioteca Madeiras do mundo patente no Ecoespazo da Madeira, en Cangas do Morrazo.

1

Son varios os exemplares que chaman atencion, como é o do escritor de Melide,afincado en O Morrazo,  Xosé Vázquez Pintor, deixando patente un fragmento da súa novela Mar de Bronce, ambientada en Cangas, así como outro impactante poema visual do artista Pepe Cáccamo  ou un xaponés una madera de eucalipto roxo, uns poemas en abstracto chamando inmediatamente a atención igual o que está feito nunha madeira coñecida como ciprés de Sawara, unha árbore orixinaria de Xapón, grabado por un artista japonés afincado en Alcabre, Motoo, en cuia portada escribiu un texto filosófico zen tradicional da cultura asiática.

Moi interesante son os traballos Paula Ribeiro e Manuel Antonio Polen, ambolosdous de Portugal, o mesmo que Albertina Santos, esta última  do Alto Minho, autora dun libro conto, a partir dunha rama do olmo de Monḉão, considerada unha  árvore  senlleira do pais  veciño que acabou morrendo, destacando igoalmente a  artista de Ucrania residente en Penafiel, Olésya Mohosh, sumandose nesta edición 25 pezas

Nesta edición súmanse ao proxecto de Agustin Bastón 25 pezas e 240 libros en total, prácticamente todos tallados nunha base distinta, algunhas locales, como pino e carballo, outras máis exóticas, que importa do extranxeiro o que lle cede o departamento de botánica de la Universidad de Vigo, tratándose dun desafio personal que Agustín Bastón aspira a deixar como legado os fillos.

Bibliopteca das Madeiras do Mundo comeza no EcoEspazo da Madeira en Cangas do Morrazo
Comentarios