miércoles. 12.03.2025

O certame, que ten como obxectivo recoñecer traballos xornalísticos que promovan o debate cívico e o interese social, está dirixido a profesionais do xornalismo, graduados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, así como a estudantes de máster ou doutoramento nesta área.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2025, e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Os traballos poden pertencer a calquera xénero xornalístico e ser publicados en medios impresos, dixitais, radio ou televisión, sempre que estean redactados ou narrados en galego, preferentemente, ou en castelán e difundidos entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025.

As propostas poden ser presentadas polos propios autores ou polos medios de comunicación e socios da Federación de Ateneos de Galicia, seguindo as bases establecidas.

O premio está dotado con 1.200 euros e un recordo conmemorativo, e o traballo gañador poderá ser editado ou divulgado polo Ateneo de Santiago.

O xurado estará composto por representantes do Ateneo de Santiago, a Federación de Ateneos de Galicia, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, unha organización profesional de xornalistas e a gañadora da edición anterior, a xornalista Marta Otero Mayán.

A cerimonia de entrega terá lugar nun acto público en Santiago de Compostela.

O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Federación de Ateneos de Galicia, abre a...
Comentarios