jueves. 21.11.2024

18 ciclos e semanas de cine en 13 cineclubs de localidades galegas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, asinaron o convenio de colaboración mediante o que a Xunta renova o seu compromiso anual con este colectivo para o mantemento dunha programación cinematográfica estable e de calidade. A oferta de 2023 desenvólvese arredor de 18 ciclos e semanas de cine en 13 cineclubs doutras tantas localidades galegas, ademais de se estender aos 23º Encontros de Cinema que se están a celebrar estes días na cidade portuguesa de Viana do Castelo.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, y el presidente de la Federación de Cineclubes de Galicia, Manuel Precedo, firmarán un convenio de colaboración.

Alí, a Federación participa na organización do Premio PrimeirOlhar, sección competitiva que ten lugar esta fin de semana como plataforma para a promoción do cinema documental realizado polo alumnado de escolas de cinema e de comunicación audiovisual de Galicia, Portugal, Brasil e outros países de fala portuguesa.

Segundo recolle o acordo, a colaboración da Xunta materialízase nunha achega de 30.000 euros, a través da que se contribúe á organización e coordinación de 12 ciclos e seis semanas de cine, estruturados arredor dunha temática concreta ou con carácter temporal, a través dos que se reforza o labor dos cineclubs galegos na difusión e creación de públicos para o cinema, ademais de como alternativa e complemento ao circuíto comercial.

Participan nesta programación os cineclubs Groucho Marx do Barco de Valdeorras, Bueu, Cangas, Os Papeiros de Chantada, O Carballiño, Poleiro de Goián (Tomiño), Valle Inclán de Lugo, Serie B de Narón, Val Miñor Alice Guy de Nigrán, Padre Feijoo de Ourense, Pontevedra, Lumiére de Vigo e Adega de Vilagarcía de Arousa.

Comentarios