domingo. 12.01.2025

O programa Apego volve desembarcar en Ponteareas cunha nova actividade na que as nenas e nenos serán os verdadeiros protagonistas. A sala multiúsos do auditorio municipal acollerá este xoves 28 de abril ás 18.00 horas ‘Brincadeira Pirata’, un xogacontos participativo de Teatro Calavera onde cativos e cativas se converterán en audaces piratas que vivirán unha grande aventura nunha illa tan misteriosa coma perigosa.

 A actividade, que está recomendada para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos, forma parte do programa Apego, un proxecto colectivo que busca “fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

A actuación será de balde, aínda que para poder asistir é necesaria reserva previa de praza a través do correo electrónico ou do teléfono 986 64 00 00, extensión 1010. O edil convida a todas as nais e pais a participar cos seus fillos e fillas e gozar dunha divertida tarde de lecer en galego en familia.

O xogacontos participativo ‘Brincadeira Pirata’