A Plataforma Social Calvario organiza o venres, 7 de marzo, ás 11.00 horas, unha xornada no MARCO de Vigo, aproveitando a exposición "ÉRGUETE. A pegada das nais: un berro que cambiou a sociedade", sobre mulleres en risco de exclusión e a dobre discriminación que sofren.
Ás 11.00 horas, no salón de actos, desenvolverase unha mesa redonda e un coloquio no que diferentes mulleres falarán das realidades que viviron e viven cada día. A continuación, ás 12:00 horas, haberá unha concentración nas escaleiras do museo.
A Plataforma Social Calvario está formada pola Asociación Érguete, Down Vigo, Afaga Alzhéimer, Arela, Secretariado Gitano, Igualarte, Párkinson Vigo, Asem, Apamp, Fundación Érguete, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Centro Municipal de Benestar Social Rivera Atienza e o Centro Social Rivera Atienza.